Aída e o Oso Medoso

Buscador de recursos

Aída e o Oso Medoso

Autoría: Delegación de Granada de la Asociación Pro Derechos Humanos de Andalucía – APDHA (Textos), Inés Ramos García (Ilustraciones).
Data: 2018
Temática: 
Tipoloxía de recurso: Aída e o Oso Medoso
Público destinatario: 3 a 6 anos, 6 a 8 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Inglés
Descrición:

É importante que os cativos e cativas estean conectados coa actualidade e que comprendan os asuntos que ocorren ao seu arredor. Xa desde educación infantil poden ser coñecedores dos acontecementos sociais e medio-ambientais que conforman a realidade na que vivimos.

A crise social en torno a migrantes e persoas refuxiadas é quizais o maior acontecemento de vulneración dos dereitos humanos da nosa época. Inclúe cuestións relacionadas cos movementos migratorios, as fronteiras, o respecto ao asilo e à infancia, a perda de vidas humanas por causas puramente políticas, o crecemento de actitudes racistas e xenófobas en Europa. Pero tamén outras como solidariedade, xustiza e igualdade, que consideramos que se poden entender xa desde estas idades.

Esta proposta trata de acercar á poboación de educación infantil a situación das persoas refuxiadas sen dramatismos. Apóstase por non facelo desde un ton traumático ni excesivamente triste, senón desde o coñecer, o reflexionar de forma conxunta e o vincularnos con esta realidade.

Observacións:
Descarga de recursos
Aida-y-el-oso-miedoso-web.pdf

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: