A rebelión das prazas

Buscador de recursos

A rebelión das prazas

Autoría: Israel García, Marga Florensa, Quique Porcar, Jordi Sant, M. Ángels Alié, Lucas Pérez, Anna Duch
Data: 2012
Temática: 
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Máis vello de 16 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego
Descrición:
Baixo o nome “A rebelión das prazas”, este Global express recolle información e axuda a analizar as mobilizacións cidadás que, en diversos puntos del mundo, reclaman xustiza, dereitos civís e unha democracia realmente participativa.
A proposta de actividades para a aula comeza cunha actividade inicial en que unhas imaxes convidan o alumnado a reflexionar sobre os eventos, situacións, etc. que provocan que as persoas se mobilicen. Esta actividade sérvenos como punto de partida para traballar os catro bloques en que se estruturan as actividades.
O primeiro bloque aborda o concepto de “indignación”, para entender o que significa e compartir aquilo que nos indigna. No seguinte bloque, analízanse as causas que levaron á indignación cidadá, punto de partida das mobilizacións cidadás tanto nas revoltas árabes como no Movemento 15M, entre outras. Este punto sérvenos de ligazón co terceiro bloque, en que o alumnado penetra nas mobilizacións sociais que houbo ao longo da historia e con as cales a cidadanía obtivo mudanzas significativas.
No último bloque, e a partir da análise do caso da Islandia, abordamos as posibilidades de mudanza partindo dos éxitos conseguidos nese país, reflexionamos sobre o tratamento que os medios de comunicación fixeron do proceso islandés, para terminar interpelando o alumnado para que se pregunte cal pode ser o seu papel nestes momentos e para que o plasme nun proxecto que poida levar a cabo.
Observacións:
Global express é unha ferramenta para traballar temas e acontecementos de dimensión global que teñen impacto nos medios de comunicación. Todos os Global express constan dun dossier informativo con artigos e recursos para contextualizar o tema, unha guía didáctica con orientacións para o profesorado e unha proposta educativa con diferentes actividades para traballar na aula. Global express pretende xerar preguntas entre os alumnos e as alumnas co obxectivo de promover unha visión crítica da realidade que lles permita comprender o estado do mundo e, en especial, a situación do mundo en desenvolvemento.
Descarga de recursos

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: