A democracia máis alá das urnas

Buscador de recursos

A democracia máis alá das urnas

Autoría: Mireia Claverol, Marga Florensa
Data: 2015
Temática: 
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Máis vello de 16 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego
Descrición:

Este Global Express ofrece elementos para analizar o estado actual da democracia e algunhas propostas para responder ao principal desafío que hoxe se lles propn: construír unha cidadanía participativa e libre. A través das súas actividades, o material pretende remarcar que a participación é un proceso que se ensina, se aprende e se experimenta, e que a construción social sé é posibel a través da participación cidadé. No relativo à participación política, repasa a través de dúas actividades o funcionamento electoral da nosa democracia e propón a realización dun debate sobre se efectivamente os mozos pasan da política.

Ao longo das seis actividades, ponse de manifesto que todo o mundo pode participar en función das sóas posibilidades sempre que se manteña unha actitude de escoita e respecto e se verifiquen unhas condiciens adecuadas para iso. Este material pretende que o alumnado reflexione sobre o propio concepto, participe e tome conciencia das diferentes formas de participación que todos e todas exercemos a diario na nosa vida (na casa, na escola, no barrio, cos amigos, etc).

Observacións:
Global express é unha ferramenta para traballar temas e acontecementos de dimensión global que teñen impacto nos medios de comunicación. Todos os Global express constan dun dossier informativo con artigos e recursos para contextualizar o tema, unha guía didáctica con orientacións para o profesorado e unha proposta educativa con diferentes actividades para traballar na aula. Global express pretende xerar preguntas entre os alumnos e as alumnas co obxectivo de promover unha visión crítica da realidade que lles permita comprender o estado do mundo e, en especial, a situación do mundo en desenvolvemento.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: