A axencia de viaxes

Buscador de recursos

A axencia de viaxes

Autoría: Fernando Pérez Rodríguez
Data: 2007
Temática: 
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 14 a 16 anos
Idioma: Castelán
Descrición:
De forma simbòlica, esta unidade comeza coa distribución entre o alumnado de diferentes ofertas de viaxes a destinos que viven unha situación de conflito. Os destinos son países como Haití, a República Democrática do Congo ou Sudán, ou sitios no noso país que viven calquera situación de violencia (un instituto, un centro de internamento de menores inmigrantes, unha casa de mulleres maltratadas, etc). A actividade propón que o alumnado investigue sobre os diferentes casos que se formulan e suxire como actividade final unha sesión de vídeo fórum con filmes que traten o tema da violencia. Esta unidade ten como obxectivo facer reflexionar aos rapaces e raparigas sobre os conflitos esquecidos, así como sobre as consecuencias que ten para as persoas as diferentes vías de xestión e transformación dos conflitos. Por último, pon sobre a mesa o compromiso e a responsabilidade da comunidade internacional coa protección das vítimas civís afectadas por conflitos armados.
Observacións:
Esta actividade proponse con motivo do Día Escolar da Non Violencia e a Paz (DENIP) mais pódese traballar calquera día do ano. Desde Intermón Oxfam cremos que o esforzo por construír un mundo máis xusto e en paz para todos e todas non se pode limitar a un día no calendario, por iso propómosvos que consultedes, a travás de Kaidara, outras propostas didácticas para continuar a traballar nesta liña.
Descarga de recursos
La_agencia_de_viajes_cast.pdf

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: