A árbore da experiencia compartida. Proceso de sistematización de experiencias educativas a partir da abordaxe da Educación para unha cidadanía global

Buscador de recursos

A árbore da experiencia compartida. Proceso de sistematización de experiencias educativas a partir da abordaxe da Educación para unha cidadanía global

Autoría: Iniciativas de Cooperación y Desarrollo, Red de educadores y educadoras para una ciudadanía global del País Vasco y Cantabria e Intermón Oxfam
Data: 2012
Temática: 
Tipoloxía de recurso: Libros, artigos e informes
Público destinatario: Educadores e educadores
Idioma: Castelán
Descrición:

Este documento describe cómo un colectivo de educadores e educadoras do País Vasco e Cantabria se pon en marcha na procura de metodoloxías que promovan procesos de aprendizaxe, creación e transformación da realidade cotiá a través dun proceso de sistematización de experiencias educativas.

A publicación consta de distintas partes. En primeiro lugar, arranca coa presentación do contexto teórico da Educación para unha cidadanía global en que se encadra o proceso de sistematización para seguir co itinerario percorrido e coas preguntas que se formularon os seus participantes para abordar o proceso. Posteriormente, recóllense as oito sistematizacións redactadas polos mesmos participantes e finaliza co cruzamento das conclusións, aprendizaxes e recomendacións, co desexo de que este proceso sexa algo vivo e, con perspectiva de futuro, poida ir xerando novos procesos.

Esta experiencia parte dunha clara necesidade de mudar as prácticas escolares, sabendo que o colectivo de docentes en xeral no foi preparado por ningunha institución de ensino para a complexidade, para indagar, aprender, crear e xerar coñecementos e así convertérense en axentes de mudanza para conseguir que a escola participe na construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria.
Observacións:
Descarga de recursos
arbol_experiencia_def1.pdf

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: