KAIDARA - Experiencias y recursos educativos para una ciudadanía global
A rebelión das prazasVolver
Autoría: Israel García, Marga Florensa, Quique Porcar, Jordi Sant, M. Ángels Alié, Lucas Pérez, Anna Duch

Data: 2012

Temática: Desenvolvemento humano sustentábel, Democracia e participación, Cultura de paz, Dereitos humanos

Tipoloxía de recurso: Material didáctico

Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Maiores de 16 anos

A rebelión das prazas
 

Descrición
Baixo o nome “A rebelión das prazas”, este Global express recolle información e axuda a analizar as mobilizacións cidadás que, en diversos puntos del mundo, reclaman xustiza, dereitos civís e unha democracia realmente participativa. 
 
A proposta de actividades para a aula comeza cunha actividade inicial en que unhas imaxes convidan o alumnado a reflexionar sobre os eventos, situacións, etc. que provocan que as persoas se mobilicen. Esta actividade sérvenos como punto de partida para traballar os catro bloques en que se estruturan as actividades.
 
O primeiro bloque aborda o concepto de “indignación”, para entender o que significa e compartir aquilo que nos indigna. No seguinte bloque, analízanse as causas que levaron á indignación cidadá, punto de partida das mobilizacións cidadás tanto nas revoltas árabes como no Movemento 15M, entre outras. Este punto sérvenos de ligazón co terceiro bloque, en que o alumnado penetra nas mobilizacións sociais que houbo ao longo da historia e con as cales a cidadanía obtivo mudanzas significativas.
 
No último bloque, e a partir da análise do caso da Islandia, abordamos as posibilidades de mudanza partindo dos éxitos conseguidos nese país, reflexionamos sobre o tratamento que os medios de comunicación fixeron do proceso islandés, para terminar interpelando o alumnado para que se pregunte cal pode ser o seu papel nestes momentos e para que o plasme nun proxecto que poida levar a cabo. 


 

Observacións

Global express é unha ferramenta para traballar temas e acontecementos de dimensión global que teñen impacto nos medios de comunicación. Todos os Global express constan dun dossier informativo con artigos e recursos para contextualizar o tema, unha guía didáctica con orientacións para o profesorado e unha proposta educativa con diferentes actividades para traballar na aula. 

Global express pretende xerar preguntas entre os alumnos e as alumnas co obxectivo de promover unha visión crítica da realidade que lles permita comprender o estado do mundo e, en especial, a situación do mundo en desenvolvemento.



 
 

Comentarios
marina piñeiro (27-02-2012-16:58:41)
anda que no me acabo de acordar de vosotros!!! Per cert, Marga, eres la ex-mare del Sagrer? Ara m'he enrecordat!!!
 
Rafa (31-01-2012-13:36:36)
Gracias. ¡¡Estoy de aquellas maneras!! Esto de ir con prisas no es bueno...
 
Quique (30-01-2012-09:34:26)
Las actividades están donde pone "Recursos en PDF". Saludos
 
Rafa (27-01-2012-11:58:00)
¿dónde están las actividades?
 

Engadir comentario

 
Compartir facebook twitter google
 
Descargar ficheiro
Descargar La_rebelion_de_las_plazas_es.zip
Castellano
Descargar La_rebelion_de_las_plazas_cat.zip
Català
Descargar La_rebelion_de_las_plazas_eus.zip
Euskara
Descargar La_rebelion_de_las_plazas_gal.zip
Galego
Si te gusta el trabajo que realizamos, puedes contribuir a que podamos seguir educando para una ciudadanía global haciendo un donativo. ¡Muchas gracias!
 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

A Educación para a Cidadanía Global desde as aulas de acollida

Esta experiencia consiste na aplicación dos contidos da Educación para a Cidadanía Global (ECG) nas aulas de acollida do IES Santa Eugenia de Xirona. As aulas de acollida, que son percibidas só como recursos para a acollida lingüística do alumnado inmigrante, son espazos privilexiados desde...... [+]


 


...coa mesma idade

A fórmula do troco

Esta actividade proponse a partir dun cuestionario e a posterior lectura de recortes de prensa. Ambas as propostas van permitirnos reflexionar sobre sistemas alternativos de troco en que non intervén o diñeiro. O cuestionario introduce de forma xeral conceptos como o valor do...... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

Atreverse a pensar

Esta experiencia consistiu en dar un curso, en horario extraescolar, para reforzar habilidades psicolóxicas e técnicas de estudo entre os alumnos da ESO. O curso foi proposto como unha experiencia “piloto”, en que a asistencia era totalmente voluntaria. Os alumnos matriculados distribuíronse...... [+]


Si quieres recibir información sobre las novedades del programa educativo de Oxfam Intermón, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.
Suscríbete




Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2019