KAIDARA - Experiencias y recursos educativos para una ciudadanía global
Protozoos insubmisos. Cidadanía e consumo responsableVolver
Autoría: Araceli Caballero

Data: 2013

Temática: Desenvolvemento humano sustentábel, Identidade e diversidade cultural, Democracia e participación, Cultura de paz

Tipoloxía de recurso: Libros, artigos e relatorios

Público destinatario: Educadores e educadoras

Protozoos insubmisos. Cidadanía e consumo responsable
 

Descrición

Velaquí un verdadeiro regalo, obviamente non consumista e duplo, porque nos pretende instruír nos contidos e deleitarnos nas formas. E non porque sexa un libro compracente; resulta máis ben inquietante, mais escrito con total afecto polas persoas, a sociedade e a natureza.

As reflexións críticas parten dunha afirmación básica: a cidade converteuse en mercado, e o cidadán en consumidor. Desde esta perspectiva abundan as propostas para abordar un consumo compartido, fortalecedor das capacidades humanas, responsábel socialmente e sustentábel.

A realidade actual transforma o texto, xa por si útil, nun vademecum dos novos camiños que, neste ámbito, deberían ser tomados para que a crise, tamén oportunidade, frutificase nunha transformación da economía cara aquilo que constitúe a súa única esencia: a satisfacción das necesidades de toda a poboación humana.

Farán falta moitos ensaios coma este para que, non tan só no consumo, senón tamén na produción, na distribución, nas finanzas, na res pública, nos centros educativos, nos medios de comunicación e nas valoracións éticas, aparezan moitos protozoos insubmisos.

(Do prólogo de Arcadi Oliveres)



 

Observacións

COLECCIÓN CIDADANÍA GLOBAL

A cidadanía global é unha corrente social que impulsa un novo modelo de cidadanía comprometido activamente na consecución dun mundo máis equitativo e sustentábel. Desde esta perspectiva, a Educación para a cidadanía global aposta polo respecto e pola valoración da diversidade, a defensa do medio ambiente, o consumo responsábel e o respecto polos dereitos humanos individuais e sociais.

Neste contexto, a colección Cidadanía Global de Intermón Oxfam ten como obxectivo proporcionar ferramentas teóricas e prácticas que potencien o diálogo, a participación, a corresponsabilidade e o compromiso transformador nas nosas escolas e na sociedade.

Ofrece as súas publicacións a través de dúas liñas complementarias, Saberes e Propostas. Saberes agrupa textos que ofrecen contribucións e alternativas teóricas vinculadas aos temas de cidadanía global. Propostas é un conxunto de manuais pedagóxicos e divulgativos dirixidos a facilitar a apropiación e a posta en práctica de estratexias para a construción desta cidadanía global.



 
 

Comentarios
Non hai comentarios

Engadir comentario

 
Compartir facebook twitter google
 
Descargar ficheiro
Descargar Protozoos_Interactiu.pdf
Castellano
Descargar Protozous_Interactiu.pdf
Català
Si te gusta el trabajo que realizamos, puedes contribuir a que podamos seguir educando para una ciudadanía global haciendo un donativo. ¡Muchas gracias!
 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

En qué mundo vivimos

Esta actividade propón facer unha subhasta na que se poxará para conseguir o maior número de frases correctas. O principal obxectivo é dar a coñecer certas informacións, que poden ser sorprendentes, sobre o comercio, a posesión de armas e as súas consecuencias. Unha vez terminada a subhasta,...... [+]


 


...coa mesma idade

O regalo de Memed

A partir da historia de Memed preténdese que os nenos e nenas entendan o que hai detrás dunha situación de conflito. E que se potencie o seu interese por coñecer experiencias de vida distintas á súa. Este caderno narra as vivencias e sentimentos de Memed, un neno que se ve forzado a fuxir de...... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

¿Queres emprender en xenero?

Coa incorporación da EpDCG pomos de manifesto a necesidade de traballar a Equidade de Xénero como ferramenta básica na análise e na compresión dos problemas sociais actuais, e utilizamos para iso a metodoloxía “Mozos actuando con coidados” encadrada na Campaña de mobilización “Actúa...... [+]


Si quieres recibir información sobre las novedades del programa educativo de Oxfam Intermón, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.
Suscríbete




Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2017