KAIDARA - Experiencias y recursos educativos para una ciudadanía global
Pistas para mudar a escolaVolver
Autoría: Intermón Oxfam

Data: 2013

Temática: Desenvolvemento humano sustentábel, Identidade e diversidade cultural, Democracia e participación, Cultura de paz, Dereitos humanos

Tipoloxía de recurso: Libros, artigos e relatorios

Público destinatario: Educadores e educadoras

Pistas para mudar a escola
 

Descrición

Para construír unha corrente de cidadanía global, responsábel coa humanidade e co planeta, é preciso asentar os fundamentos desde a escola. Quen cultivamos esa convicción no día a día das aulas sabemos que non é fácil. Mais o mundo en que vivimos nos enfronta a desafíos que, como a pobreza ou a mudanza climática, non poden continuar a esperar. O sistema de educación actual ofrece escasas respostas. Necesitamos un novo modelo educativo, humanista, baseado no diálogo e na convivencia, que constrúa a escola-comunidade, preocupada pola xustiza, aberta ao contorno e ao mundo. O gran desafío reside en construír unha educación para “ser” e para transformar.

Pistas para mudar a escola recolle os contidos do libro Escolas e educación para a cidadanía global; unha ollada transformadora de Desiderio de Paz Abril, un mestre que dedicou moitos anos a fundamentar de maneira extensa e rigorosa a proposta da Educación para unha cidadanía global. Este libro non pretende simplificar, senón facilitar a aproximación ás ideas teóricas, a reflexión sobre a práctica, o traballo en grupo e, talvez, abrir unha porta á lectura da obra máis extensa.

Todas as seccións terminan cunha serie de preguntas que convidan á autoavaliación do lector ou lectora, e poden inspirar procesos de reflexión máis profundos, sexa individualmente ou en grupo.



 

Observacións

COLECCIÓN CIDADANÍA GLOBAL

A cidadanía global é unha corrente social que impulsa un novo modelo de cidadanía comprometido activamente na consecución dun mundo máis equitativo e sustentábel. Desde esta perspectiva, a Educación para a cidadanía global aposta polo respecto e pola valoración da diversidade, a defensa do medio ambiente, o consumo responsábel e o respecto polos dereitos humanos individuais e sociais.

Neste contexto, a colección Cidadanía Global de Intermón Oxfam ten como obxectivo proporcionar ferramentas teóricas e prácticas que potencien o diálogo, a participación, a corresponsabilidade e o compromiso transformador nas nosas escolas e na sociedade.

Ofrece as súas publicacións a través de dúas liñas complementarias, Saberes e Propostas. Saberes agrupa textos que ofrecen contribucións e alternativas teóricas vinculadas aos temas de cidadanía global. Propostas é un conxunto de manuais pedagóxicos e divulgativos dirixidos a facilitar a apropiación e a posta en práctica de estratexias para a construción desta cidadanía global.



 
 

Comentarios
Non hai comentarios

Engadir comentario

 
Compartir facebook twitter google
 
Descargar ficheiro
Descargar Pistas_Interactiu.pdf
Castellano
Descargar Pistes_Interactiu.pdf
Català
Si te gusta el trabajo que realizamos, puedes contribuir a que podamos seguir educando para una ciudadanía global haciendo un donativo. ¡Muchas gracias!
 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

Protozoos insubmisos. Cidadanía e consumo responsable

Velaquí un verdadeiro regalo, obviamente non consumista e duplo, porque nos pretende instruír nos contidos e deleitarnos nas formas. E non porque sexa un libro compracente; resulta máis ben inquietante, mais escrito con total afecto polas persoas, a sociedade e a natureza. As reflexións...... [+]


 


...coa mesma idade

Proxecto Crise Alimentaria

Este proxecto foi realizado dentro do ámbito da rede de profesorado para unha cidadanía global de Oxfam Intermón nas Canarias cos criterios de calidade. Os ítems sobre os cales se decidiu traballar foron: ·         Ao nivel de atributo: Xustiza social e equidade focalizándonos na...... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

Makina gabeko eguna - Un día sen máquinas

Esta experiencia realizada en Laudio Ikastola relata cómo un grupo de 4.º da ESO ideou unha campaña na que se propuxo aos alumnos e alumnas de 1.º e 2.º da ESO pasaren un día sen máquinas prescindíbeis. Tratábase dunha campaña de sensibilización sobre o aforro enerxético. Un total...... [+]


Si quieres recibir información sobre las novedades del programa educativo de Oxfam Intermón, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.
Suscríbete




Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2018