KAIDARA - Experiencias y recursos educativos para una ciudadanía global
Escolas e educación para a cidadanía global; unha ollada transformadoraVolver
Autoría: Desiderio de Paz Abril

Data: 2013

Temática: Desenvolvemento humano sustentábel, Identidade e diversidade cultural, Democracia e participación, Cultura de paz

Tipoloxía de recurso: Libros, artigos e relatorios

Público destinatario: Educadores e educadoras

Escolas e educación para a cidadanía global; unha ollada transformadora
 

Descrición

Nos tempos que corren, o debate político sobre a educación céntrase e se caldea en torno á cidadanía. Mentres abundan os argumentos dun e doutro lado, as persoas que temos a responsabilidade de ensinar continuamos a nos preguntar qué cidadanía estamos a axudar a construír desde a escola. Pretendemos educar para a vida e educar para un mundo en que nada nos sexa alleo. Iso obríganos a repensar o mundo da escola. Partindo da necesidade dun novo modelo educativo humanista e global, este libro ofrécenos unha ollada cosmopolita, emancipadora, crítica, participativa, democrática, construtiva, reflexiva, dialóxica e, sobre todo, transformadora.

Dunha maneira rigorosa, didáctica e comprensíbel, este libro formúlanos un diagnóstico, unhas necesidades e uns principios organizadores da práctica escolar, de tal modo que se converte nunha lectura ineludíbel para os educadores e reveladora para os pais que se preocupan polo modelo escolar de seus fillos. Este libro dótanos de argumentos a quen cremos que a educación é o recurso máis importante para conseguir un mundo máis xusto.



 

Observacións

COLECCIÓN CIDADANÍA GLOBAL

A cidadanía global é unha corrente social que impulsa un novo modelo de cidadanía comprometido activamente na consecución dun mundo máis equitativo e sustentábel. Desde esta perspectiva, a Educación para a cidadanía global aposta polo respecto e pola valoración da diversidade, a defensa do medio ambiente, o consumo responsábel e o respecto polos dereitos humanos individuais e sociais.

Neste contexto, a colección Cidadanía Global de Intermón Oxfam ten como obxectivo proporcionar ferramentas teóricas e prácticas que potencien o diálogo, a participación, a corresponsabilidade e o compromiso transformador nas nosas escolas e na sociedade.

Ofrece as súas publicacións a través de dúas liñas complementarias, Saberes e Propostas. Saberes agrupa textos que ofrecen contribucións e alternativas teóricas vinculadas aos temas de cidadanía global. Propostas é un conxunto de manuais pedagóxicos e divulgativos dirixidos a facilitar a apropiación e a posta en práctica de estratexias para a construción desta cidadanía global.



 
 

Comentarios
Kaidara (18-04-2016-16:43:17)
Hola Maureen, no tenemos ninguna restricción. ¿Has probado con otro navegador?
Esperamos que lo logres.
Saludos!
 
Maureen Merchan (23-03-2016-13:40:09)
Estimados,

No es posible descargar las cartillas en mi ordenador. Podrían validar por favor si hay alguna restricción en su servidor.

Gracias!
Saludos
 

Engadir comentario

 
Compartir facebook twitter google
 
Descargar ficheiro
Descargar ECG_es_interactiu.pdf
Castellano
Descargar ECG_cat_interactiu.pdf
Català
Si te gusta el trabajo que realizamos, puedes contribuir a que podamos seguir educando para una ciudadanía global haciendo un donativo. ¡Muchas gracias!
 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

Afganistán: guerra contra o terrorismo?

Esta edición de Global Express analiza a cobertura mediática da guerra de Afganistán, as respostas políticas en torno dos atentados do 11 de setembro e o aumento da xenofobia contra cidadáns e cidadás musulmáns. A partir da análise de imaxes, a primeira actividade pon de manifesto que a poboación...... [+]


 


...coa mesma idade

Todos temos dereito a mais millóns de persoas viven noutras condicións

Este monográfico céntrase no tema dos dereitos humanos relacionados coa alimentación, a saúde e a educación para denunciar que unha gran parte da poboación mundial, especialmente a que vive nos países pobres, non ten cubertas estas necesidades básicas. As súas actividades están pensadas...... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

Escenas da inmigración

Esta é unha experiencia con alumnado de 4.º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO) que ten como obxectivo que os alumnos e alumnas identifiquen situacións reais vinculadas coa inmigración e sexan capaces de analizalas de forma crítica. Despois da participación en Conectando mundos_Soños...... [+]


Si quieres recibir información sobre las novedades del programa educativo de Oxfam Intermón, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.
Suscríbete




Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2017