KAIDARA - Experiencias y recursos educativos para una ciudadanía global
Salvaranos Kyoto?Volver
Autoría: Ferran Polo

Data: 2005

Temática: Desenvolvemento humano sustentábel, Dereitos humanos

Tipoloxía de recurso: Material didáctico

Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Maiores de 16 anos

Salvaranos Kyoto?
 

Descrición
Este Global Express ofrece elementos para reflexionar sobre a entrada en vigor do Protocolo de Kyoto e a súa influencia sobre as poboacións máis vulnerábeis do planeta. A través de cinco actividades, o material cuestiona se a entrada en vigor do Protocolo é suficiente para paliar os efectos da mudanza climática e frear a chamada pegada ecolóxica. Este Global denuncia ademais cómo as poboacións máis afectadas son as menos responsábeis polo quecemento global e fai unha chamada á responsabilidade individual e colectiva para facer fronte á mudanza climática e atinxir un equilibrio ambiental. O material pretende ademais espertar no alumnado unha actitude autocrítica que permita tomar conciencia do impacto das nosas accións cotiás na vida de millóns de persoas.



 

Observacións

Global Express é unha ferramenta para traballar temas e acontecementos de dimensión global que teñen impacto nos medios de comunicación. Todos os Global Express constan dun dossier informativo con artigos e recursos para contextualizar o tema, unha guía didáctica con orientacións para o profesorado e unha proposta educativa con diferentes actividades para traballar na aula. 
 
Global Express pretende xerar preguntas entre os alumnos e as alumnas co obxectivo de promover unha visión crítica da realidade que lles permita comprender o estado do mundo e, en especial, a situación do mundo en desenvolvemento.


 
 

Comentarios
Non hai comentarios

Engadir comentario

 
Compartir facebook twitter google
 
Descargar ficheiro
Descargar Kioto_actividad_CAS.pdf
Castellano
Descargar Kioto_actividad_CAT.pdf
Català
Descargar Kioto_actividad_EUS.pdf
Euskara
Descargar Kioto_actividad_GAL.pdf
Galego
 
Descargar ficheiros annexos    
Descargar dossier_y_guia_cast.zip

dossier_y_guia_cast.zip

Descargar dossier_y_guia_cat.zip

dossier_y_guia_cat.zip

Descargar Kioto_dossier_y_guia_EUS.pdf

Kioto_dossier_y_guia_EUS.pdf

Descargar dossier_y_guia_gal.zip

dossier_y_guia_gal.zip

Si te gusta el trabajo que realizamos, puedes contribuir a que podamos seguir educando para una ciudadanía global haciendo un donativo. ¡Muchas gracias!
 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

O negocio da auga

Mediante a lectura de textos e gráficos que poñen de manifesto a escaseza da auga e os problemas asociados á súa xestión, coñeceranse outros casos de privatización doutros recursos e porase sobre a mesa a problemática que implica a falta de recursos tan esenciais como a auga, ou o seu...... [+]


 


...coa mesma idade

Makina gabeko eguna - Un día sen máquinas

Esta experiencia realizada en Laudio Ikastola relata cómo un grupo de 4.º da ESO ideou unha campaña na que se propuxo aos alumnos e alumnas de 1.º e 2.º da ESO pasaren un día sen máquinas prescindíbeis. Tratábase dunha campaña de sensibilización sobre o aforro enerxético. Un total...... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

Proxecto Crise Alimentaria

Este proxecto foi realizado dentro do ámbito da rede de profesorado para unha cidadanía global de Oxfam Intermón nas Canarias cos criterios de calidade. Os ítems sobre os cales se decidiu traballar foron: ·         Ao nivel de atributo: Xustiza social e equidade focalizándonos na...... [+]


Si quieres recibir información sobre las novedades del programa educativo de Oxfam Intermón, inscríbete en el programa Educar para una ciudadanía global.
Suscríbete




Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2019