Consumista eu?Volver
Autoría: Gema Bello, Mireia Claverol, Marga Florensa, Laura Martí, Carme Pi, Ferran Polo, María Rico

Data: 2007

Temática: Desenvolvemento humano sustentábel, Identidade e diversidade cultural, Cultura de paz, Dereitos humanos

Tipoloxía de recurso: Material didáctico

Público destinatario: Maiores de 16 anos, 14 a 16 anos, 12 a 14 anos

 

Descrición

Esta edición de Global Express ten como obxectivo reflexionar sobre os patróns de consumo da nosa sociedade e analizar as consecuencias ambientais e sociais do noso consumo e do noso modelo económico. Co pretexto do Nadal, este material pretende mostrar a influencia que ten o noso ambiente no consumo e tomar conciencia das cousas que temos, moitas delas infrautilizadas. O teléfono móbil serve de pretexto para analizar o comportamento ecolóxico das principais empresas de telefonía móbil a partir da puntuación que lles outorgou Greenpeace e serve tamén para mostrar a realidade que se acocha detrás dun teléfono móbil, como é o caso do conflito na República Democrática do Congo, principal produtora de coltán. Tamén os xoguetes serven de exemplo para pór ao descuberto as precarias condicións laborais, sobre todo por parte das mulleres, en que a miúdo son fabricados os xoguetes que consumimos. O material propón finalmente unha reflexión sobre as accións, individuais e colectivas, que podemos levar a cabo para reducir o impacto medioambiental e social do consumo e fomentar un consumo responsábel.



 

Observacións

Global Express é unha ferramenta para traballar temas e acontecementos de dimensión global que teñen impacto nos medios de comunicación. Todos os Global Express constan dun dossier informativo con artigos e recursos para contextualizar o tema, unha guía didáctica con orientacións para o profesorado e unha proposta educativa con diferentes actividades para traballar na aula. 

Global Express pretende xerar preguntas entre os alumnos e as alumnas co obxectivo de promover unha visión crítica da realidade que lles permita comprender o estado do mundo e, en especial, a situación do mundo en desenvolvemento.



 
 

Comentarios
Non hai comentarios

Engadir comentario

 
Recursos en PDF     Descargar Consumista_actividad_CAS.pdfDescargar Consumista_actividad_CAT.pdfDescargar Consumista_actividad_EUS.pdfDescargar Consumista_actividad_GAL.pdf Compartir facebook delicious twitter technorati myspace google
 
Ficheiros anexos    
Descargar dossier_y_guia_cast.zip

dossier_y_guia_cast.zip

Descargar dossier_y_guia_cat.zip

dossier_y_guia_cat.zip

Descargar dossier_y_guia_eus.zip

dossier_y_guia_eus.zip

Descargar dossier_y_guia_gal.zip

dossier_y_guia_gal.zip

 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

O noso compromiso coa auga é...

O obxectivo desta actividade é decidir entre todos e todas accións cotiás de aforro e boa utilización da auga, e realizar un mural manifesto coas conclusións. Está pensada para ser levada a cabo nunha sesión, como peche das actividades “Noaga,...... [+]


 


...coa mesma idade

Un turista no Mediterráneo

Este material ten como obxectivo reflexionar e analizar o uso da auga no caso concreto do turismo na bacía mediterránea, mostrando as desigualdades que se xeran. A actividade comeza cun traballo en pequenos grupos que propoñen unha viaxe a Marrocos. A través da...... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

Tolerancia activa para unha cidadanía intercultural

Trátase dunha experiencia que pretende desenvolver actitudes de tolerancia e respecto para coas persoas inmigrantes a partir dun traballo sobre a diferenza e a diversidade. O primeiro paso foi tomar conciencia sobre as diferenzas entre o alumnado (gustos, crenzas, afeccións e procedencia)...... [+]


Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2009