KAIDARA - Experiencias y recursos educativos para una ciudadanía global
Por unha cultura de pazVolver
Autoría: Fernando Pérez Rodríguez

Data: 2007

Temática: Cultura de paz, Dereitos humanos

Tipoloxía de recurso: Material didáctico

Público destinatario: Maiores de 16 anos, 14 a 16 anos

Por unha cultura de paz
 

Descrición

Esta unidade ten como obxectivo que o alumnado experimente diferentes vías de xestión de conflitos para alcanzar conxuntamente solucións negociadas. Para iso, parte da premisa que non pode existir paz se non hai xustiza.

Consta de tres partes diferenciadas que se poden traballar na súa totalidade ou de forma independente. En primeiro lugar, é analizada unha situación conflitiva hipotética, mais habitual e próxima do alumnado. Para iso, proponse un xogo de rol en que cada alumno ou alumna deberá asumir un papel dentro do conflito, e en que os diferentes personaxes implicados deberán chegar a un acordo por medio da negociación.

En segundo termo, proponse analizar as causas dun conflito violento que tivo moita repercusión: os acontecementos ocorridos no mes de novembro de 2006 en barrios periféricos dalgunhas cidades francesas. Para iso, proponse a lectura de varios textos que permiten, por un lado, analizar as causas do conflito; e por outro, reflexionar sobre alternativas pacíficas para a resolución do conflito. E por último, ofrécese unha serie de noticias sobre diferentes conflitos internacionais co obxectivo de reflexionar sobre a relación entre a paz e a xustiza.



 

Observacións

Esta actividade proponse con motivo do Día Escolar da Non Violencia e a Paz (DENIP) mais pódese traballar calquera día do ano. Desde Intermón Oxfam cremos que o esforzo por construír un mundo máis xusto e en paz para todos e todas non se pode limitar a un día no calendario, por iso propómosvos que consultedes, a través de Kaidara, outras propostas didácticas para continuar a traballar nesta liña.



 
 

Comentarios
Non hai comentarios

Engadir comentario

 
Compartir facebook delicious twitter technorati myspace google
 
Descargar ficheiro
Descargar Por_una_cultura_de_paz_cast.pdf
Castellano
Descargar Por_una_cultura_de_paz_cat.pdf
Català
Descargar Por_una_cultura_de_paz_eus.pdf
Euskara
Descargar Por_una_cultura_de_paz_gal.pdf
Galego
 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

Centros educativos transformadores: cidadanía global e transformación social

Esta publicación parte dun proceso de investigación-acción participativa desenvolvido no seo da comisión estratéxica e da Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global. A pregunta que guía este proceso é: que prácticas debe ter un centro educativo para ser xerador de trans...... [+]


 


...coa mesma idade

Que non nos enganen

Nesta actividade son analizadas noticias da prensa para mostrar a realidade que se agocha tras as propostas de condonación da débeda externa dos Países en Desenvolvemento (PED). O seu obxectivo é pór de manifesto que a condonación da débeda é un tema de vontade política. A actividade...... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

A conversa pedagóxica do IES Gerena

Esta experiencia foi impulsada polo equipo directivo do IES Gerena, en Sevilla, co obxectivo de conseguir unha proxección do centro educativo e da súa actividade para coa comunidade. Para atinxir este obxectivo, foi organizado un ciclo de conferencias cunha periodicidade bimestral ou trimestra...... [+]


Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2009