| A árbore da experiencia compartida. Proceso de sistematización de experiencias educativas a partir da abordaxe da Educación para unha cidadanía global | Volver |
Autoría: Iniciativas de Cooperación y Desarrollo, Red de educadores y educadoras para una ciudadanía global del País Vasco y Cantabria e Intermón Oxfam
Data: 2012
Temática: Desenvolvemento humano sustentábel, Identidade e diversidade cultural, Democracia e participación, Cultura de paz, Dereitos humanos
Tipoloxía de recurso: Libros, artigos e relatorios
Público destinatario: Educadores e educadoras
|
|
| |
Descrición
Este documento describe cómo un colectivo de educadores e educadoras do País Vasco e Cantabria se pon en marcha na procura de metodoloxías que promovan procesos de aprendizaxe, creación e transformación da realidade cotiá a través dun proceso de sistematización de experiencias educativas.
A publicación consta de distintas partes. En primeiro lugar, arranca coa presentación do contexto teórico da Educación para unha cidadanía global en que se encadra o proceso de sistematización para seguir co itinerario percorrido e coas preguntas que se formularon os seus participantes para abordar o proceso. Posteriormente, recóllense as oito sistematizacións redactadas polos mesmos participantes e finaliza co cruzamento das conclusións, aprendizaxes e recomendacións, co desexo de que este proceso sexa algo vivo e, con perspectiva de futuro, poida ir xerando novos procesos.
Esta experiencia parte dunha clara necesidade de mudar as prácticas escolares, sabendo que o colectivo de docentes en xeral no foi preparado por ningunha institución de ensino para a complexidade, para indagar, aprender, crear e xerar coñecementos e así convertérense en axentes de mudanza para conseguir que a escola participe na construción dunha sociedade máis xusta e igualitaria.
| | |
| |
Comentarios
|
Anna (23-05-2012-12:22:09) Hola Josefina. En el enlace que te paso a continuación encontrarás la experiencia del proceso: http://www.kaidara.org/es/recurso/228
Espero que te sea de utilidad | | | josefina (19-05-2012-18:22:30) Como puedo acceder a conocer más d ela experiecnia, tenemos un trabajo con jovenes de diversas Facultades de la Universidad Nacional de Trujillo y nos gustaría mejorar nuestra experiencia con sus aportes. Muy agradecida | | |
Engadir comentario
|
| |
Compartir
|
| |
|
|
|
Se queres continuar a traballar...
A Educación para a Cidadanía Global desde as aulas de acollida
Esta experiencia consiste na aplicación dos contidos da Educación para a Cidadanía Global (ECG) nas aulas de acollida do IES Santa Eugenia de Xirona. As aulas de acollida, que son percibidas só como recursos para a acollida lingüística do alumnado inmigrante, son espazos privilexiados de...... [+] Historias do ouro azul?
Este material ten como obxectivo adquirir unha visión global dos problemas relacionados coa auga, e das posíbeis solucións. A actividade comeza cun traballo en pequenos grupos a quen se lle propón seren xornalistas dunha ONG e investigar un tema actual relacionado coa auga e o mundo. Para ...... [+]| | ...descubrindo o que fan os demais
| A participación dos mozos e mozas no municipio de Vilanova i Vallormanes
Esta práctica proponnos cómo traballar, a partir dos proxectos de Aprendizaxe e Servizo (ApS), a participación no municipio co alumnado de 4.º de Educación Secundaria Obrigatoria (ESO). O traballo desenvolveuse desde catro ámbitos: creación e funcionamento dun casal de mozos, creación dun...... [+]
|