A rebelión das prazasVolver
Autoría: Israel García, Marga Florensa, Quique Porcar, Jordi Sant, M. Àngels Alié, Lucas Pérez, Anna Duch

Data: 2012

Temática: Desenvolvemento humano sustentábel, Democracia e participación, Cultura de paz, Dereitos humanos

Tipoloxía de recurso: Material didáctico

Público destinatario: Maiores de 16 anos, 14 a 16 anos, 12 a 14 anos

 

Descrición

Baixo o nome “A rebelión das prazas”, este Global express recolle información e axuda a analizar as mobilizacións cidadás que, en diversos puntos del mundo, reclaman  xustiza, dereitos civís e unha democracia realmente participativa.

A proposta de actividades para a aula comeza cunha actividade inicial en que unhas imaxes convidan o alumnado a reflexionar sobre os eventos, situacións, etc. que provocan que as persoas se mobilicen. Esta actividade sérvenos como punto de partida para traballar os catro bloques en que se estruturan as actividades.

O primeiro bloque aborda o concepto de “indignación”, para entender o que significa e compartir aquilo que nos indigna. No seguinte bloque, analízanse as causas que levaron á indignación cidadá, punto de partida das mobilizacións cidadás tanto nas revoltas árabes como no Movemento 15M, entre outras. Este punto sérvenos de ligazón co terceiro bloque, en que o alumnado penetra nas mobilizacións sociais que houbo ao longo da historia e con as cales a cidadanía obtivo mudanzas significativas.

No último bloque, e a partir da análise do caso da Islandia, abordamos as posibilidades de mudanza partindo dos éxitos conseguidos nese país, reflexionamos sobre o tratamento que os medios de comunicación fixeron do proceso islandés, para terminar interpelando o alumnado para que se pregunte cal pode ser o seu papel nestes momentos e para que o plasme nun proxecto que poida levar a cabo.



 

Observacións

Global express é unha ferramenta para traballar temas e acontecementos de dimensión global que teñen impacto nos medios de comunicación. Todos os Global express constan dun dossier informativo con artigos e recursos para contextualizar o tema, unha guía didáctica con orientacións para o profesorado e unha proposta educativa con diferentes actividades para traballar na aula. 

Global express pretende xerar preguntas entre os alumnos e as alumnas co obxectivo de promover unha visión crítica da realidade que lles permita comprender o estado do mundo e, en especial, a situación do mundo en desenvolvemento.



 
 

Comentarios
marina piñeiro (27-02-2012-16:58:41)
anda que no me acabo de acordar de vosotros!!! Per cert, Marga, eres la ex-mare del Sagrer? Ara m'he enrecordat!!!
 
Rafa (31-01-2012-13:36:36)
Gracias. ¡¡Estoy de aquellas maneras!! Esto de ir con prisas no es bueno...
 
Quique (30-01-2012-09:34:26)
Las actividades están donde pone "Recursos en PDF". Saludos
 
Rafa (27-01-2012-11:58:00)
¿dónde están las actividades?
 

Engadir comentario

 
Recursos en PDF     Descargar GE_Rebelion_activitats_ES.pdfDescargar GE_Rebelion_activitats_CAT.pdfDescargar GE_Rebelion_activitats_EUSK.pdfDescargar GE_Rebelion_activitats_GAL.pdf Compartir facebook delicious twitter technorati myspace google
 
Ficheiros anexos    
Descargar Dossier_guia_didactica_castellano.zip

Dossier_guia_didactica_castellano.zip

Descargar Dossier_guia_didactica_catala.zip

Dossier_guia_didactica_catala.zip

Descargar Dossier_guia_didactica_euskara.zip

Dossier_guia_didactica_euskara.zip

Descargar Dossier_guia_didactica_galego.zip

Dossier_guia_didactica_galego.zip

 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

Educación para a Cooperación ao Desenvolvemento

Esta experiencia consiste en orientar a disciplina Educación para a Cidadanía a un maior coñecemento da realidade, especialmente das condicións de vida das poboacións do Sur e as súas causas. Analízase tamén o papel da Cooperación...... [+]


 


...coa mesma idade

Todos e todas endebedámonos

A partir da lectura de textos, proponse deducir a relación entre os países empobrecidos e o seu nivel de endebedamento externo. Nun primeiro lugar, preséntase o tema da débeda externa desde a proximidade do endebedamento familiar para, despois, introducir o tema desde...... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

Participamos activamente na mudanza do noso mundo

Esta práctica educativa desenvolvida no Centro Técnico San Ignacio, El Negrito, Yoro (Honduras) consiste no coñecemento de cómo afecta o noso quefacer na deterioración do Planeta. Desenvolveuse mediante a execución de diversas actividades para crear unha mudanza...... [+]


Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2009