KAIDARA - Experiencias y recursos educativos para una ciudadanía global
A contribución do Global express para o desenvolvemento dunha cidadanía global: un estudo pilotoVolver
Autoría: Georgina Casas López

Data: 2012

Temática: Desenvolvemento humano sustentábel, Identidade e diversidade cultural, Democracia e participación, Cultura de paz, Dereitos humanos

Tipoloxía de recurso: Libros, artigos e relatorios

Público destinatario: Educadores e educadoras

A contribución do Global express para o desenvolvemento dunha cidadanía global: un estudo piloto
 

Descrición

Neste artigo, preséntase a experiencia de avaliación dunha proposta de educación para a cidadanía: Global express, un recurso pedagóxico da ONG Intermón Oxfam dirixido a alumnado de secundaria.

O artigo está estruturado en seis partes, as dúas primeiras de introdución e presentación do material didáctico, o corpo central do artigo en que se desenvolve o cadro teórico, o cadro empírico e os resultados de avaliación e, finalmente, a parte final coas conclusións e coas propostas de melloría.

As conclusións do artigo demostran que o material contribúe parcialmente para a construción de competencias cidadás. Por un lado, Global express permite ao alumnado ter unha visión más empática da realidade e comprender certas problemáticas globais; polo outro lado, porén, non consegue resultados positivos no momento de influír na capacidade do alumnado para levar a cabo accións de transformación social.

Este artigo é o traballo final do Máster de Educación para a cidadanía e en valores da Universitat de Barcelona (UB).



 
 

Comentarios
Non hai comentarios

Engadir comentario

 
Compartir facebook delicious twitter technorati myspace google
 
Descargar ficheiro
Descargar lacontribuciondeglobal.pdf
Castellano
Descargar lacontribuciondeglobalCAT.pdf
Català
 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

Como se articula unha acción de incidencia política desde a aula?

A partir do traballo realizado de forma telemática durante a edición 2011-12 do Conectando mundos (CM), e a partir das conclusións elaboradas conxuntamente no encontro territorial, preparamos na aula o acto de incidencia cunha deputada do Parlamento catalán, acción coa que concluíu en Ca...... [+]


 


...coa mesma idade

Makina gabeko eguna - Un día sen máquinas

Esta experiencia realizada en Laudio Ikastola relata cómo un grupo de 4.º da ESO ideou unha campaña na que se propuxo aos alumnos e alumnas de 1.º e 2.º da ESO pasaren un día sen máquinas prescindíbeis. Tratábase dunha campaña de sensibilización sobre o aforro enerxético. Un total d...... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

Grupo de traballo de Xeografía Económica / Ciencias da Terra

Esta é a experiencia dun grupo de traballo formado por profesorado e membros do equipo educativo de Intermón Oxfam de Madrid, cuxo obxectivo é elaborar a programación das materias de Xeografía Económica de 4.º da ESO e Ciencias da Terra, de 2.º do Bacharelato, desde a perspectiva da E...... [+]


Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2009