KAIDARA - Experiencias y recursos educativos para una ciudadanía global
En xuramento Volver
Autoría: Montse López, Vanessa Quintana

Data: 2003

Temática: Desenvolvemento humano sustentábel, Identidade e diversidade cultural, Dereitos humanos

Tipoloxía de recurso: Material didáctico

Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Maiores de 16 anos

En xuramento
 

Descrición

Este material ten como obxectivo reflexionar sobre as condicións laborais noutros países e sensibilizar fronte ás inxustizas do comercio internacional. Mediante a representación dunha obra, preténdese que o público tome parte nela e decida o seu desenvolvemento. A obra de teatro céntrase na temática dos dereitos laborais, aínda que isto non exclúe outros temas como a igualdade de xénero ou a inmigración e as súas consecuencias. Recoméndase destinar unha hora á preparación da actividade, 45 minutos para a posta en escena e media hora final de debate.



 

Observacións

Esta actividade fai parte da carpeta de recursos Móvete. Mudemos as regras, incluída na maleta pedagóxica Comercio con Xustiza, que ofrece tamén outros materiais e actividades relacionadas co tema.



 
 

Comentarios
Non hai comentarios

Engadir comentario

 
Compartir facebook delicious twitter technorati myspace google
 
Descargar ficheiro
Descargar 08._En_tela_de_juicio_cast.pdf
Castellano
Descargar 08._En_tela_de_juicio_cat.pdf
Català
 
Descargar ficheiros annexos    
Descargar AnexoComercio8_cast.pdf

AnexoComercio8_cast.pdf

Descargar AnnexComerc8_cat.pdf

AnnexComerc8_cat.pdf

Descargar Muevete.Cambiemos_las_reglas_guia_didactica_cast.pdf

Muevete.Cambiemos_las_reglas_guia_didactica_cast.pdf

Descargar Muevete.Cambiemos_las_reglas_guia_didactica_cat.pdf

Muevete.Cambiemos_las_reglas_guia_didactica_cat.pdf

 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

O medo global

A partir da lectura do poema O medo global de Eduardo Galeano, indúcese á reflexión sobre a cultura do medo. Para iso, formúlanse unhas preguntas que deben dar pasaxe ao debate e á reflexión sobre por que vivimos con medo, as consecuencias que ten esta actitude e se é posíbel vivir de forma di...... [+]


 


...coa mesma idade

Todos e todas endebedámonos

A partir da lectura de textos, proponse deducir a relación entre os países empobrecidos e o seu nivel de endebedamento externo. Nun primeiro lugar, preséntase o tema da débeda externa desde a proximidade do endebedamento familiar para, despois, introducir o tema desde unha perspectiva global. ...... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

Glosario para unha educación intercultural

Esta experiencia céntrase no traballo sobre conceptos chave da educación intercultural. Nun primeiro momento, os alumnos e alumnas deben buscar as definicións dalgúns destes conceptos (por exemplo: cultura, conflito étnico, dereitos humanos, convivencia, multiculturalismo, paz, xenofobia,&hel...... [+]


Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2009