Quen debe a quen? Pagar ou non pagar? Volver
Autoría: Marga Florensa, Mireia Claverol, Ferran Polo

Data: 2006

Temática: Desenvolvemento humano sustentábel

Tipoloxía de recurso: Material didáctico

Público destinatario: 14 a 16 anos, Maiores de 16 anos

 

Descrición

Esta actividade consiste nun xogo de rol e nun debate sobre a condonación da débeda dos Países En Desenvolvemento (PED). O obxectivo é fomentar unha reflexión a fondo sobre a xustiza e a necesidade da anulación da débeda externa dos PED e pór en evidencia que a condonación da débeda é un tema de vontade política. Para iso, son fornecidos números que demostran a viabilidade económica de referida cancelación.

A dinámica consiste en dividir o grupo en dous subgrupos, un a favor da cancelación e o outro en contra. Ao finalizar o debate, contaranse os participantes que “muden a súa opinión” con relación á pregunta do inicio tras ter ouvido os argumentos dos seus colegas.



 

Observacións

Esta actividade fai parte da carpeta de recursos Móvete pola Pobreza Cero, incluída na maleta pedagóxica Pobreza Cero, que ofrece tamén outros materiais e actividades relacionadas co tema.



 
 

Comentarios
Non hai comentarios

Engadir comentario

 
Recursos en PDF     Descargar 14._Quien_debe_a_quien_cast.pdfDescargar 14._Quien_debe_a_quien_cat.pdf Compartir facebook delicious twitter technorati myspace google
 
Ficheiros anexos    
Descargar anex14a.pdf

anex14a.pdf

Descargar anex14aCAT.pdf

anex14aCAT.pdf

Descargar anex14b.pdf

anex14b.pdf

Descargar anex14bCAT.pdf

anex14bCAT.pdf

Descargar 1CR-Guia.pdf

1CR-Guia.pdf

Descargar 1CR-GuiaCAT.pdf

1CR-GuiaCAT.pdf

 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

Memoria do III Seminario “Educar para unha cidadanía global”

O III Seminario para unha cidadanía global (ECG) reuniu en Los Negrales (Madrid) uns 60 educadores e educadoras que, ao longo de tres días – do 2 ao 4 de xullo de 2009 –, debateron sobre identidade, prioridades e estratexias, aprenderon a partir das propias prácticas,...... [+]


 


...coa mesma idade

A fórmula do troco

Esta actividade proponse a partir dun cuestionario e a posterior lectura de recortes de prensa. Ambas as propostas van permitirnos reflexionar sobre sistemas alternativos de troco en que non intervén o diñeiro. O cuestionario introduce de forma xeral conceptos como...... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

Makina gabeko eguna - Un día sen máquinas

Esta experiencia realizada en Laudio Ikastola relata cómo un grupo de 4.º da ESO ideou unha campaña na que se propuxo aos alumnos e alumnas de 1.º e 2.º da ESO pasaren un día sen máquinas prescindíbeis. Tratábase dunha campaña...... [+]


Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2009