Memoria do III Seminario “Educar para unha cidadanía global” Volver
Autoría: Red de educadores y educadoras para una ciudadanía global

Data: 2009

Temática: Desenvolvemento humano sustentábel, Identidade e diversidade cultural, Democracia e participación, Cultura de paz, Dereitos humanos

Tipoloxía de recurso: Libros, artigos e relatorios

Público destinatario: Educadores e educadoras

 

Descrición

O III Seminario para unha cidadanía global (ECG) reuniu en Los Negrales (Madrid) uns 60 educadores e educadoras que, ao longo de tres días – do 2 ao 4 de xullo de 2009 –, debateron sobre identidade, prioridades e estratexias, aprenderon a partir das propias prácticas, intercambiaron dúbidas, se cuestionaron e formularon novos interrogantes e, sobre todo, consolidaron os vínculos persoais e socioafectivos da Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global.

Esta memoria recolle os resultados do traballo feito durante o Seminario en espazos como os obradoiros de experiencias Aprender da práctica e Tecendo a rede I e II: identidade accións e estratexias, así como as contribucións das distintas Mesas e as conferencias de Óscar Jara e Jaume Martínez Bonafé, para terminar coas conclusións, as aprendizaxes e propostas de futuro.



 

Observacións

As experiencias presentadas neste Seminario están dispoñíbeis en Kaidara.



 
 

Comentarios
Non hai comentarios

Engadir comentario

 
Recursos en PDF     Descargar 091201_memoriared.pdf Compartir facebook delicious twitter technorati myspace google
 
Ver galería
 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

Comunidades de paz

A través do texto sobre a Comunidade de Paz de San José de Apartado, en Colombia, dáse a coñecer unha iniciativa de construción de paz. Este exemplo mostra unha alternativa non violenta ao sistema de vida que invade un país inmerso nun conflito de longa...... [+]


 


...coa mesma idade

Quen debe a quen? Pagar ou non pagar?

Esta actividade consiste nun xogo de rol e nun debate sobre a condonación da débeda dos Países En Desenvolvemento (PED). O obxectivo é fomentar unha reflexión a fondo sobre a xustiza e a necesidade da anulación da débeda externa dos PED e pór...... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

Grupos de traballo de profesorado de Castilleja de la Cuesta (Sevilla) e Málaga

Esta experiencia consiste na formación do profesorado por parte do CEP (Centro de Formación de Profesorado) de Castilleja de la Cuesta (Sevilla) e Málaga. Trátase de dous grupos de traballo de seis profesores cada un que, reunidos unha vez por mes, desenvolven o seu...... [+]


Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2009