Haití: Cando a terra tremeVolver
Autoría: Área de Educación para una ciudadanía global de Intermón Oxfam

Data: 2010

Temática: Desenvolvemento humano sustentábel, Dereitos humanos

Tipoloxía de recurso: Material didáctico

Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Maiores de 16 anos

 

Descrición

Trátase dunha proposta educativa para traballar as causas e as consecuencias do terremoto que afectou Haití en xaneiro de 2010. A partir de páxinas web, artigos e viñetas gráficas, veremos as causas que provocan un terremoto e a súa relación con outros fenómenos naturais, obteremos unha visión máis ampla do Haití, reflexionaremos sobre a relación entre as consecuencias dunha catástrofe e a pobreza e analizaremos o papel dos medios de comunicación.

Este material tamén nos propón un xogo de simulación que nos permitirá reflexionar sobre os tipos de axuda que se activan para facer fronte a un desastre e, finalmente, convídanos a nos preguntar sobre qué accións, individuais e colectivas, podemos levar a cabo para nos implicar: accións de axuda directa á poboación afectada, de sensibilización dirixida ao noso contorno e de mobilización para esixir responsabilidades políticas.



 
 

Comentarios
Non hai comentarios

Engadir comentario

 
Recursos en PDF     Descargar HAITI_Propuesta_educativa.pdfDescargar HAITI_Proposta_educativa_cat.pdf Compartir facebook delicious twitter technorati myspace google
 
Ficheiros anexos    
Descargar HAITI_Guia_didactica_cas.pdf

HAITI_Guia_didactica_cas.pdf

Descargar HAITI_Guia_didactica_cat.pdf

HAITI_Guia_didactica_cat.pdf

 
Se queres continuar a traballar...

...co mesmo tema

Afganistán: guerra contra o terrorismo?

Esta edición de Global Express analiza a cobertura mediática da guerra de Afganistán, as respostas políticas en torno dos atentados do 11 de setembro e o aumento da xenofobia contra cidadáns e cidadás musulmáns. A partir da análise de imaxes,...... [+]


 


...coa mesma idade

Xogos Olímpicos: citius, altius, fortius

Este Global Express aborda, a partir do exemplo dos Xogos Olímpicos, cómo o modelo de negocio-espectáculo en que se converteron moitos deportes implica a miúdo situacións de inxustiza e analiza qué empresas son as principais patrocinadoras deste evento, para...... [+]


 


...descubrindo o que fan os demais

Makina gabeko eguna - Un día sen máquinas

Esta experiencia realizada en Laudio Ikastola relata cómo un grupo de 4.º da ESO ideou unha campaña na que se propuxo aos alumnos e alumnas de 1.º e 2.º da ESO pasaren un día sen máquinas prescindíbeis. Tratábase dunha campaña...... [+]


Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2009