A PROMESA. Cinefórum e xogo de rol sobre as emocións das persoas emigrantes

Buscador de recursos

A PROMESA. Cinefórum e xogo de rol sobre as emocións das persoas emigrantes

Autoría: Pep Garrido Montblanch
Data: 2017
Temática: 
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Máis vello de 16 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego
Descrición:

Este material é unha edición ampliada da guía didáctica para o profesorado “A promesa”, que ten como obxectivo sensibilizar sobre a problemática da migración e quebrar tópicos e estereotipos sobre as migracións co alumnado da educación secundaria, tanto en educación formal como non formal.

As migracións son un feito masivo, mais non despersonalizado: cada emigrante ten a súa propia historia, e as súas emocións son persoais, únicas e xenuínas. Contra unha visión xeneralizadora e abstracta da persoa emigrante, esta proposta didáctica quere potenciar unha visión concreta e emocional da súa realidade a través das actividades propostas.

En primeiro lugar, proponse a introdución do tema a partir da visualización e o comentario dun filme (a escoller entre oito propostas) relacionada coa experiencia migratoria. Na guía é incluída unha breve introdución previa á súa visualización e unha guía para a súa análise posterior.

En segundo lugar, o xogo de rol que se deriva da visualización, cunha fase inicial de creación de personaxes, o xogo propiamente dito, que permitirá ao alumnado pórse no papel dunha persoa emigrante a través do percorrido polas distintas etapas do proceso migratorio, e un peche común para todo o grupo.

Observacións:

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: