KAIDARA - Experiencias y recursos educativos para una ciudadanía global
Resultados da buscaVolver ao comezo
Ferramentas para planificar e avaliar prácticas para unha cidadanía global Ferramentas para planificar e avaliar prácticas para unha cidadanía global

Educar para unha cidadanía global é educar cidadáns e cidadás conscientes da súa pertenza a unha comunidade local e global, e comprometidas activamente na construción dun mundo máis xusto e sustentábel. O obxectivo desta publicación é ofrecer un cadro constituído por un sistema de criterios orientadores que nos permitirán planificar e avaliar a nosa práctica educativa desde o punto de vista da Educación para unha cidadanía global. O texto divídese en tres capítulos: o primeiro explica cal é a lóxica global deste sistema de criterios, presentando os seus diferentes compoñentes (valores, resultados, metodoloxías, determinantes, etc.) desde un punto xeneralista e operativo. O segundo capítulo explica de forma práctica cal é a utilidade do sistema de criterios e dá pistas para utilizalos a partir de distintas perspectivas, necesidades ou posibilidades. Finalmente, o terceiro capítulo contén a aterraxe destes criterios orientadores en instrumentos... [+]
 
Escolas e educación para a cidadanía global; unha ollada transformadora Escolas e educación para a cidadanía global; unha ollada transformadora

Nos tempos que corren, o debate político sobre a educación céntrase e se caldea en torno á cidadanía. Mentres abundan os argumentos dun e doutro lado, as persoas que temos a responsabilidade de ensinar continuamos a nos preguntar qué cidadanía estamos a axudar a construír desde a escola. Pretendemos educar para a vida e educar para un mundo en que nada nos sexa alleo. Iso obríganos a repensar o mundo da escola. Partindo da necesidade dun novo modelo educativo humanista e global, este libro ofrécenos unha ollada cosmopolita, emancipadora, crítica, participativa, democrática, construtiva, reflexiva, dialóxica e, sobre todo, transformadora. Dunha maneira rigorosa, didáctica e comprensíbel, este libro formúlanos un diagnóstico, unhas necesidades e uns principios organizadores da práctica escolar, de tal modo que se converte nunha lectura ineludíbel para os educadores e reveladora para os pais que se preocupan polo modelo escolar de seus fillos. Este libro dótanos... [+]
 
Protozoos insubmisos. Cidadanía e consumo responsable Protozoos insubmisos. Cidadanía e consumo responsable

Velaquí un verdadeiro regalo, obviamente non consumista e duplo, porque nos pretende instruír nos contidos e deleitarnos nas formas. E non porque sexa un libro compracente; resulta máis ben inquietante, mais escrito con total afecto polas persoas, a sociedade e a natureza. As reflexións críticas parten dunha afirmación básica: a cidade converteuse en mercado, e o cidadán en consumidor. Desde esta perspectiva abundan as propostas para abordar un consumo compartido, fortalecedor das capacidades humanas, responsábel socialmente e sustentábel. A realidade actual transforma o texto, xa por si útil, nun vademecum dos novos camiños que, neste ámbito, deberían ser tomados para que a crise, tamén oportunidade, frutificase nunha transformación da economía cara aquilo que constitúe a súa única esencia: a satisfacción das necesidades de toda a poboación humana. Farán falta moitos ensaios coma este para que, non tan só no consumo, senón tamén na produción,... [+]
 
Pistas para mudar a escola Pistas para mudar a escola

Para construír unha corrente de cidadanía global, responsábel coa humanidade e co planeta, é preciso asentar os fundamentos desde a escola. Quen cultivamos esa convicción no día a día das aulas sabemos que non é fácil. Mais o mundo en que vivimos nos enfronta a desafíos que, como a pobreza ou a mudanza climática, non poden continuar a esperar. O sistema de educación actual ofrece escasas respostas. Necesitamos un novo modelo educativo, humanista, baseado no diálogo e na convivencia, que constrúa a escola-comunidade, preocupada pola xustiza, aberta ao contorno e ao mundo. O gran desafío reside en construír unha educación para “ser” e para transformar. Pistas para mudar a escola recolle os contidos do libro Escolas e educación para a cidadanía global; unha ollada transformadora de Desiderio de Paz Abril, un mestre que dedicou moitos anos a fundamentar de maneira extensa e rigorosa a proposta da Educación para unha cidadanía global. Este libro non pretende... [+]
 
Centros educativos transformadores: cidadanía global e transformación social Centros educativos transformadores: cidadanía global e transformación social

Esta publicación parte dun proceso de investigación-acción participativa desenvolvido no seo da comisión estratéxica e da Rede de educadores e educadoras para unha cidadanía global. A pregunta que guía este proceso é: que prácticas debe ter un centro educativo para ser xerador de transformación social en chave de cidadanía global? Baseándose no modelo de Educación para unha cidadanía global da Rede e Intermón Oxfam, esta publicación recolle e dialoga criticamente con outros modelos educativos que entroncan parcial ou totalmente con este ideal transformador, e concreta itinerarios transformadores viábeis a partir de prácticas a tres niveis: prácticas docentes (ámbito do ensino-aprendizaxe), organizativas (ámbito de organización e relacións), e políticas (ámbito do contorno e a transformación social). Propomos que un “Centro transformador” é un centro educativo que impulsa o modelo de Educación para unha cidadanía global, desde as prácticas... [+]
 
Páxinas:  
  
Aviso legal | Privacidade | Contacto
Web realizada por Espais, 2017