Arxentina afúndese na crise

Buscador de recursos

Arxentina afúndese na crise

Autoría: Gaspar Tarrida
Data: 2002
Temática: ,
Tipoloxía de recurso: Material didáctico
Público destinatario: 12 a 14 anos, 14 a 16 anos, Máis vello de 16 anos
Idioma: Castelán, Catalán, Euskara, Galego
Descrición:
O obxectivo deste Global Express é identificar e entender a gran variedade de factores e actores que interveñen nunha crise socioeconómica como a que viviu a Arxentina no ano 2002. A partir da análise de imaxes, preténdese xerar a empatía do alumnado coa poboación arxentina, así como ver os conceptos previos que coñece sobre o tema. As seguintes actividades entran na análise do porque da crise, así como na identificación dos seus principais actores (a débeda externa, o Goberno e o seu “corralito", o FMI, etc.). A través de fotografías e titulares xornalísticos, analízase o estalido social xerado na Arxentina, coas famosas protestas con cazarolas. Por último, proponse ao alumnado debater sobre catro posíbeis solucións á crise.
Observacións:
Global Express é unha ferramenta para traballar temas e acontecementos de dimensión global que teñen impacto nos medios de comunicación. Todos os Global Express constan dun dossier informativo con artigos e recursos para contextualizar o tema, unha guía didáctica con orientacións para o profesorado e unha proposta educativa con diferentes actividades para traballar na aula. Global Express pretende xerar preguntas entre os alumnos e as alumnas co obxectivo de promover unha visión crítica da realidade que lles permita comprender o estado do mundo e, en especial, a situación do mundo en desenvolvemento.

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: