Os medos. A morte

Buscador de recursos

Os medos. A morte

Autoría: Carmen del Castillo Madrigal
Data: 2014
Temática: , ,
Tipoloxía de recurso: Experiencia educativa
Público destinatario: 3 a 6 anos, Educadores e educadores
Idioma: Castelán
Descrición:

A escola ten que estar aberta a todas as realidades da vida, sen escrúpulos, aínda que si con moito respecto. Morte e vida son dúas faces dunha mesma moeda e non existe unha sen a outra. Convívese con ela a diario, e non querer ollala, non a fai desaparecer.

Este é un proxecto de traballo que segue a metodoloxía construtivista cuxo obxectivo é coñecer máis sobre a morte, encontrármonos cos nosos senti­mentos e, sobre todo, ollar de fronte o medo para desmitificalo.

Con esta práctica preguntámonos, investigamos, lemos, escoitamos, discutimos, respondémonos, xorden novas preguntas e novas respostas, experimentamos, choramos e rimos, mais sobre todo crecemos moito, cada un ao seu ritmo.

A educación debe incluír o desenvolvemento de competencias intrapersoais que axuden ao autocoñecemento do noso alumnado, a pórse en contacto co seu ser interior e coas fontes de vida que o transcenden, ao desenvolvemento da espiritualidade por medio da meditación e da consciencia plena, levando a atención ao silencio.

Observacións:
Esta experiencia foi presentada no I Congreso Andaluz “Escola Transformadora”, celebrado en xullo de 2014 en Málaga, cuxa memoria está dispoñíbel en Kaidara.
Descarga de recursos
Exp_Kaidara_43_ESP.pdf

Introduce un comentario.

1 2 3 4 5

Si quieres recibir información sobre nuestras actividades y propuestas educativas, déjanos tus datos: